9ª edición del Programa de Acción Educativa Hazlo Verde de Leroy Merlin: Un aula sostenible está en tus manos. Concurso Escolar sobre medioambiente

Estás visualizando una edición antigua del Concurso Escolar Hazlo Verde. Si deseas participar en la última edición haz click aquí.

Material Didáctico Primaria

5. Traballo de participación

Descargar en PDF

Que temos que presentar?

Un cartel, elaborado coa técnica do lettering, cunha mensaxe de concienciación e motivador, sobre a importancia de ser un consumidor responsable.

Que é o lettering?

O lettering é unha técnica gráfica actual e en tendencia que consiste en debuxar letras de forma libre, creativa e artística, pero sen confundilo coa caligrafía, que é a técnica gráfica tradicional de escribir letras seguindo diferentes estilos derivados do uso da pluma ou do pincel empregados para unha escritura estilizada.

O lettering, neste sentido, pode mesturar distintos estilos e tipografías, combinar cores e trazos, para debuxar as letras da forma máis lexible e creativa, logrando un conxunto gráfico no que as letras forman unha composición visual, artística e harmónica.

Beneficios para a aprendizaxe do alumnado:

  • Fomenta a coordinación visomanual.
  • Desenvolve a motricidade fina e as habilidades motrices.
  • Favorece a creatividade.
  • Mellora a concentración e a capacidade de aprender.

Se o lettering é a arte de debuxar letras, desexamos que a arte empregada no voso cartel e a súa mensaxe trace ideas na mente e que provoquen un cambio de actitude en quen o lea…

Estades preparados/as para completar a Misión #ElijoConsumoResponsable?

Que técnicas e recursos gráficos podemos utilizar?

Podedes empregar as técnicas artísticas que queirades, como a acuarela, as témperas ou os rotuladores. Tamén podedes usar tinta chinesa, e mesmo subliñadores de cor fosforita ou outros de cor metalizada…

Ao mesmo tempo, podedes combinar texturas e cores, diferentes formas e tipos de letras para elaborar a mensaxe e decorar o cartel con filigranas ou debuxos nos bordos ou onde queirades.

Pero sobre todo, e para garantir o voso compromiso co planeta, aproveitade restos como xornais e revistas, recortando letras, formas ou figuras, residuos como tapóns de botellas ou anacos de plástico para formar letras, ou outros materiais naturais reciclados como anaquiños de madeira ou cartón!

Se queres máis indicacións e consellos sobre como elaborar o cartel, consulta
"O proceso creativo aplicado ao deseño impreso na bolsa".