9ª edición del Programa de Acción Educativa Hazlo Verde de Leroy Merlin: Un aula sostenible está en tus manos. Concurso Escolar sobre medioambiente

Estás visualizando una edición antigua del Concurso Escolar Hazlo Verde. Si deseas participar en la última edición haz click aquí.

Material Didáctico Secundaria

1. Produto ecodeseñado

Descargar en PDF

Para comezar a profundar na Misión #ElijoConsumoResponsable debemos analizar como deberían fabricarse os produtos para ter o mínimo impacto negativo posible, tanto sobre o planeta como sobre as persoas.

Que é un produto ecodeseñado?

Un produto ecodeseñado fabricouse seguindo uns criterios respectuosos co ambiente e as persoas.

Cando falamos de ambiente, referímonos a que non prexudique ao planeta en todo o seu ciclo de vida (desde o seu deseño ata o final da súa vida útil) e cando falamos de persoas, referímonos tanto aos consumidores dese produto, como de todas as persoas que participaron na súa fabricación, respectando as súas condicións laborais, de saúde e seguridade.

Un produto ecodeseñado comeza pola planificación de todas as súas fases, desde a concepción, a súa fabricación e distribución, ata que chega a mans do consumidor; sen esquecer que, cando remata a súa vida útil, o produto debe pasar pola fase de reconversión, e pasa a ser reciclado ou transformado de residuo a novo recurso.

  1. Fase de planificación: Na primeira fase, a do deseño, hase de pensar sobre a forma e funcionalidade do produto: modular as partes integrantes para facilitar a reciclaxe das súas partes con maior facilidade, ou intercambiando pezas auxiliares que estendan a vida útil do produto.

  2. Fase de fabricación: Na elección das materias primas e os materiais, hase de optar por aqueles que sexan sustentables, innovadores e menos contaminantes, e valorarase a redución ao mínimo da cantidade que se precisa. Durante a súa fabricación, hase de optimizar os recursos enerxéticos que se empregan.

  3. Fase de distribución: A loxística de almacenamento e distribución ata o punto de venda debe recorrer a tecnoloxías innovadoras e sustentables que permitan minimizar a súa pegada ou impacto ambiental, coa redución de emisións, o uso de enerxías renovables e menos contaminantes, optimizando as consideracións técnicas das distintas fases de desenvolvemento dun produto.

  4. Fase de uso e consumo: O produto adquirido debe ser duradeiro na medida que debe ser usado e consumido, permitindo o seu mantemento e reparación, co fin de ampliar o seu ciclo de vida.

  5. Fase de reciclado: Cando o produto finaliza a súa vida útil, entra na fase de reciclaxe e reconversión dos seus materiais, transformando o produto nun recurso aproveitable, reciclable ou biodegradable.

En liñas xerais, este enfoque está relacionado cunha actitude responsable e reflexiva que impacta sobre os modos de consumo actuais, tendo en conta a evolución económica: pasamos dunha economía lineal a unha economía circular.

O que se persegue con isto é impactar o menos posible sobre o planeta, desde a perspectiva dos recursos enerxéticos que se empregan, como do abastecemento dos materiais, sen deixar atrás o impacto que teñen os produtos unha vez empregados, cando se converten en residuos.

Os produtos ecodeseñados procuran, a través destas 5 chaves, conseguir solucións máis beneficiosas para o planeta e que estas redunden no benestar das persoas.