-
FAINO SUSTENTABLE E CIRCULAR
Valorarase conseguir un aproveitamento de residuos varios, reconverténdoos en letras ou recursos creativos para o cartel.
-
FAINO CREATIVO
A orixinalidade do traballo, o concepto e a súa plasmación gráfica ou execución, no caso dos proxectos.
-
FAINO CON MENSAXE
A adecuación da mensaxe do cartel para expresar e sensibilizar sobre os valores de sustentabilidade e consumo responsable.
-
FAINO CON CALIDADE
O coidado posto na presentación, as técnicas empregadas e a súa posible adaptación ao obxecto do concurso.
-
FAINO SOCIAL
A transcendencia dos proxectos á aula, que busquen axudar e/ou involucrar a outras persoas da contorna (compañeiros doutras clases, veciños, pais...).
Aqueles traballos que non cumpran coas bases legais do concurso serán descartados.
Como será o proceso de valoración dos gañadores?
-
. Selección finalistas: Entre os proxectos presentados, farase unha preselección a través dunha mesa técnica dos 10 mellores traballos de cada categoría que cumpran cos criterios de participación e bases legais do Concurso:
10 traballos da categoría A
10 traballos da categoría B
10 traballos da categoría C - O xurado nacional: De entre 30 traballos, elixe un traballo gañador de cada categoría: TOTAL DE 3 TRABALLOS FINALISTAS.
- Premio especial do público: Dos 30 traballos finalistas, o máis votado polo público a través da web de Hazlo Verde, conseguirá un premio especial: unha experiencia valorada en 2000 € para toda a clase.