Necesitas inspiración para o teu traballo?
Estes #greenfluencers xa están a cambiar o mundo coas súas ideas a través de redes sociais!
Bota unha ollada, seguro que se che acende a lámpada ecolóxica!
CABRERA
Activista e Tiktoker. Esta xove bióloga mariña foi a creadora de varios vídeos que se fixeron mundialmente virais na canle ecoloxista EcoTok, de TikTok. Como ela mesma di “non é o cambio climático, é a crise climática” inspirando o mundo enteiro, coas súas creacións, a actuar por un planeta mellor.
COLEMAN
Activista polo clima. Fundadora da campaña #GiveAir, onde logrou recadar grandes cantidades de diñeiro para instalar purificadores de aire en zonas desfavorecidas. Tamén é cofundadora de US Youth Climate Strike, unha organización sen fins de lucro que se dedica a crear conciencia e esixir accións sobre a crise climática. Toda unha #greenfluencer!
GUALINGA
Activista polos dereitos humanos e ambientalista. Con tan só 19 anos, esta defensora da Amazonia, o seu lugar de orixe, e dos dereitos dos pobos indíxenas que a habitan, logrou dar visibilidade mundial a esta causa a través dos seus perfís sociais, enfrontándose mesmo a grandes corporacións e participando en varios cumes do medio ambiente.
VILLASEÑOR
Esta xove activista californiana de 16 anos é fundadora de @EarthUprising, unha organización de divulgación e concienciación medioambiental que logrou estar presente en máis de 20 países. Co seu lema “Youth-led climate education” logrou converterse nunha líder ecoloxista do resto do mundo.
SLAT
Neerlandés de nacemento, inventor e emprendedor dunha empresa de tecnoloxía medioambiental, da que agora é CEO. Aos seus 16 anos creou a fundación The Ocean CleanUp, unha empresa dedicada a desenvolver avances tecnolóxicos cos que limpar o plástico dos océanos. A creatividade traspasa fronteiras!
THE PLANET
Nesta organización, os voluntarios encárganse de plantar árbores por todo o mundo para xerar osíxeno e capturar o C02. Ademais, no seu perfil de Instagram realizan labores de divulgación e sensibilización medioambiental sobre a importancia das plantas no medio ambiente. Xa levan miles de árbores plantadas!
Puxo en marcha numerosas iniciativas ao longo destes anos orientadas a apoiar o emprendemento social, por iso creou a consultora El hervidero de ideas; que incentiva un consumo máis responsable, para o que deseñou a plataforma Consume con coco —na que hai máis de 60 marcas responsables e éticas—; e ensina a levar unha vida máis consciente e sustentable, algo que decidiu mostrar no libro Cambia el mundo.