9ª edición del Programa de Acción Educativa Hazlo Verde de Leroy Merlin: Un aula sostenible está en tus manos. Concurso Escolar sobre medioambiente

Estás visualizando una edición antigua del Concurso Escolar Hazlo Verde. Si deseas participar en la última edición haz click aquí.

MATERIAL PEDAGÓXICO AMBIENTAL

Poñemos á túa disposición o material didáctico, en todos os idiomas cooficiais, para facilitar e inspirar a vosa participación no Concurso.
Atoparedes situacións de aprendizaxe, mapas conceptuais que explican a temática desta edición, así como dinámicas creativas e grupais para axudar a que o teu alumnado se volva experto na Misión#ElijoConsumoResponsable:

  • RESPONSABILIDADE ECOSOCIAL: Unha situación de aprendizaxe centrada na comprensión dos conceptos da ecodependencia e interdependencia que existe entre as persoas, as sociedades e o medio natural.
  • ODS 12 E AXENDA 2030: Unha situación de aprendizaxe centrada na importancia da circularidade e a economía verde: a responsabilidade social e ambiental das empresas e o seu impacto no planeta.
  • CONSUMO RESPONSABLE: Ambas situacións péchanse cunha serie de dinámicas para “ecoinvestigadores” que servirán para que o alumnado fomente a súa conciencia crítica e se posicione como consumidor responsable.
  • CARTEL DE SENSIBILIZACIÓN: O alumnado terá a oportunidade de sensibilizar a súa contorna cun cartel realizado coa técnica do lettering, abandeirándose como axentes do cambio para o desenvolvemento sustentable, cunha mensaxe motivadora sobre a importancia de ser un/unha consumidor/a responsable.

O noso papel como consumidores/as é importante, pois cando se cambia a perspectiva e o padrón de consumo, consómese menos e mellor.