9ª edición del Programa de Acción Educativa Hazlo Verde de Leroy Merlin: Un aula sostenible está en tus manos. Concurso Escolar sobre medioambiente

Estás visualizando una edición antigua del Concurso Escolar Hazlo Verde. Si deseas participar en la última edición haz click aquí.

Material Didáctico Primaria

1. Produto ecodeseñado

Descargar en PDF

Para comezar a profundar na Misión #ElijoConsumoResponsable debemos analizar como deberían fabricarse os produtos para ter o mínimo impacto negativo posible, tanto sobre o planeta como sobre as persoas.

Que é un produto ecodeseñado?

Un produto ecodeseñado fabricouse seguindo uns criterios respectuosos co ambiente e as persoas.

Cando falamos de ambiente, referímonos a que contamine o menos posible, a que os materiais cos que está fabricado sexan seguros e sustentables; e cando falamos de persoas, referímonos tanto aos consumidores dese produto, como a todas as persoas que participaron na súa fabricación, respectando as súas condicións laborais, de saúde e seguridade.

Un produto ecodeseñado comeza pola planificación de todas as súas fases: desde a idea e o seu deseño, a elección dos materiais ou materias primas, a súa fabricación e distribución ata o punto de venda, pasando polo mantemento e reparación do produto, ata que remata o seu uso e pasa a transformarse en recurso aproveitable, reciclado ou reciclable.

  1. Fase de planificación: Na primeira fase de deseño, reflexiónase sobre a forma e as funcións ou características do produto (pezas que facilitan a reciclaxe, partes ou pezas modulares que estendan a vida útil do produto).

  2. Fase de fabricación: A elección das materias primas e os materiais debe ser de orixe sustentable e menos contaminante, valorando a cantidade mínima que se necesite. Alén diso, os recursos enerxéticos que se empreguen deben ser os menos contaminantes e os máis sustentables posible.

  3. Fase de distribución: No proceso de almacenamento e distribución, hai que minimizar a pegada ou impacto ambiental dese produto, coa redución de emisións de CO2, ou o uso de enerxías renovables e menos contaminantes.

  4. Fase de uso e consumo: O produto, unha vez comprado polo consumidor ou consumidora, debe ser duradeiro e de calidade, asegurando un ciclo de vida que permita o seu mantemento e reparación.

  5. Fase de reciclado: Cando o produto xa non serve, entra na fase de reciclaxe e reconversión dos seus materiais, transformándose nun recurso aproveitable, reciclable ou reciclado.

En liñas xerais, este enfoque está relacionado cunha actitude responsable e reflexiva que impacta sobre os modos de consumo actuais, tendo en conta a evolución económica: pasamos dunha economía lineal a unha economía circular.

O que se persegue con isto é impactar o menos posible sobre o planeta, desde a perspectiva dos recursos enerxéticos que se empregan, como do abastecemento dos materiais, sen deixar atrás o impacto que teñen os produtos unha vez usados, cando se converten en residuos.

Os produtos ecodeseñados procuran, a través de estas 5 chaves, conseguir solucións máis beneficiosas para o planeta e que estas redunden no benestar das persoas.