9ª edición del Programa de Acción Educativa Hazlo Verde de Leroy Merlin: Un aula sostenible está en tus manos. Concurso Escolar sobre medioambiente

Estás visualizando una edición antigua del Concurso Escolar Hazlo Verde. Si deseas participar en la última edición haz click aquí.

PREGUNTAS FRECUENTES

CONCURSO ESCOLAR “HAZLO VERDE. MISIÓN#ELIJOCONSUMORESPONSABLE”
7ª EDICIÓN 2022/2023

QUEN PODE PARTICIPAR?

No Concurso "Hazlo Verde. Misión#ElijoConsumoResponsable" poden participar todos os alumnos e alumnas dos centros educativos españois públicos, concertados e privados, escolarizados en Educación Primaria (de 3º a 6º curso), E.S.O (de 1º a 4º curso), FP Básica e Educación Especial.

Para iso, establecemos tres categorías de participación.

  • CAT.A. clases de 3º a 4º curso de Primaria.
  • CAT.B. clases de 5º a 6º curso de Primaria.
  • CAT. C clases de 1º a 4º curso de E.S.O. e FP Básica.

O Concurso contempla a participación de clases de Educación Especial, que formarán parte da categoría que o docente de cada clase considere que se adecúa máis ao desenvolvemento madurativo e intelectual do seu alumnado.

No caso de que o Concurso observe discrepancias, poderá solicitar ao centro escolar un documento asinado pola dirección que acredite que a categoría de participación seleccionada se corresponde co nivel do alumnado participante.

COMO SON OS GRUPOS DE PARTICIPACIÓN?

Toda a clase participará formando un só grupo e presentando un único traballo desenvolvido entre todos os alumnos e alumnas ou elixido a partir das distintas propostas que puidesen traballar en grupos máis pequenos.

No caso de que un docente participe con varias clases, cada unha deberá presentar un traballo diferente. Neste sentido, unha clase equivale a un traballo presentado.

PODEN OS ALUMNOS REXISTRARSE E PARTICIPAR POLA SÚA CONTA?

Non. Para participar é necesario que un/unha educador ou educadora do centro se encargue do rexistro.

QUE TRABALLO EXTRA SUPÓN PARA O DOCENTE?

Este programa está integrado no currículo educativo. Por iso non supón ningún traballo adicional. O material didáctico que facilitamos permite que cada educador/a desenvolva na clase (en función do seu tempo e posibilidades) os contidos e actividades que considere oportunos para introducir aos seus alumnos e alumnas na temática do Concurso e facilitar o seu posterior traballo de participación.

O grao de implicación na supervisión e axuda aos seus alumnos e alumnas no desenvolvemento do traballo de participación será decisión de cada profesor ou profesora. O docente unicamente se compromete a explicarlles a actividade e a facernos chegar posteriormente os seus traballos de participación.

CAL É A VINCULACIÓN DO CONCURSO HAZLO VERDE COAS COMPETENCIAS CHAVE?

Este programa de sensibilización ambiental e os seus materiais didácticos desenvolvéronse en base ao Currículo e poden traballarse de forma específica nas seguintes materias.

Educación Primaria: Coñecemento do Medio Natural, social e cultural, Educación plástica e visual, Lingua e literatura e Educación en valores cívicos e éticos.

Educación Secundaria: Bioloxía e Xeoloxía, Xeografía e Historia, Tecnoloxía e Dixitalización, Educación en Valores Cívicos e Éticos, e Economía e Emprendemento.

tra

É OBRIGATORIO REALIZAR AS ACTIVIDADES DAS UNIDADES DIDÁCTICAS?

Non. O programa escolar proporciona ferramentas, dinámicas e exemplos para facilitar ao profesor/a a tarefa de introducir aos seus alumnos e alumnas na temática da sustentabilidade dos produtos e o consumo responsable e en como abordar o traballo para presentar. Con todo, recoméndase aproveitar estes contidos.

HAI UNHAS ESPECIFICACIÓNS OBRIGATORIAS PARA O TRABALLO?

O traballo de participación consiste na elaboración dun cartel cunha mensaxe de sensibilización que conciencie sobre a sustentabilidade dos produtos (ecodeseñados) e o consumo responsable, cun lettering creativo feito con materiais naturais ou reciclados.

Os formatos do traballo deben ser os seguintes:
  • Categoría A, B e C: Unha fotografía en formato .jpg ou gif, cun peso máximo de 2 MB, acompañada dunha ficha explicativa con información do cartel (descrición dos materiais usados, mensaxe, técnicas, etc.) Esta ficha será autoenchible na web.
  • Os traballos de participación deberán ir acompañados dun título para o cartel que non superará os 140 caracteres.

En calquera caso, o profesor ou profesora deberá escanear ou fotografar o traballo para poder subilo á web.

HAI UNHAS ESPECIFICACIÓNS OBRIGATORIAS PARA AS FOTOGRAFÍAS?

O traballo de participación consiste nun cartel elaborado segundo o estilo lettering,cunha mensaxe de sensibilización sobre a sustentabilidade dos produtos e o consumo responsable, polo que no proxecto non será necesario que se mostren as caras dos alumnos e alumnas. Pero se iso sucedese, deberedes asegurarvos de que dispoñedes dos documentos de cesión dos dereitos de imaxe dos alumnos e alumnas que puideran aparecer nas imaxes subidas. No caso de que se mostren, os profesores seredes os responsables dos dereitos de imaxe dos nenos/as.

Se se utilizan contidos ou imaxes propiedade de terceiros, deberedes asegurarvos de que están libres de dereitos ou que dispoñedes dos correspondentes dereitos de propiedade intelectual coa extensión que resulte necesaria segundo os termos desta convocatoria.

Ademais os alumnos e alumnas poderán contar con todas as técnicas ás que poidan acceder para traballar o seu cartel, desde as máis tradicionais, como a pintura ou o collage (co uso de cola e tesoira) de elementos reciclados (retallos de tea, cartón ou papel, madeira, plástico, etc.) a calquera programa de ordenador que lles permita tratar imaxes e textos (Photoshop, editores en liña, etc.) inspirados no estilo lettering.

QUE É O LETTERING?

O lettering é unha técnica creativa que consiste en deseñar letras de forma que o texto forme unha composición artística.

No deseño de lettering tómanse en conta a composición das palabras e as frases, as cores e as texturas, así como os trazos e a tipografía das letras.

Pódense combinar cores, diferentes formas e tipos de letras, decorar con filigranas, banners, debuxos, logrando un resultado artístico e creativo.

COMO ENVIAMOS O TRABALLO?

  • Por suposto, unha vez que o docente lles explique como debe ser o traballo que teñen que presentar, os alumnos e alumnas poden dedicar todo o tempo que queiran ao desenvolvemento do seu traballo fóra da aula.
  • En función do formato elixido, asegurádevos de que o arquivo está dentro dos parámetros descritos no punto anterior: peso, duración, extensión do documento, etc.
  • Facede clic na sección "Subir traballo".
  • Na sección "Título", escribide o título ou frase da túa clase para o traballo presentado (máximo 140 caracteres).
  • Selecciona e cubre a ficha explicativa.
  • Seleccionade o arquivo (fotografía).
  • Recibirás no teu correo electrónico un correo automático que confirme que se subiu correctamente.
  • Mentres quede subido e non “confirmado” poderedes modificar o proxecto, editalo, cambiar o título, etc.
  • Por último, facede clic no botón “Confirmar traballo”. Unha vez que fagades clic nese botón, xa non se poderá modificar nada do que se subiu e o proxecto pasará a ser valorado polo xurado.
  • Por último, facede clic non botón “Confirmar traballo”. Unha vez que fagades clic nese botón, xa non se poderá modificar nada que do que se subiu e ou proxecto pasará a ser valorado polo xurado.

PODEN OS ALUMNOS E ALUMNAS TRABALLAR DESDE CASA?

Por suposto. Unha vez que o docente lles explicase como debe ser o traballo que teñen que presentar, os alumnos e as alumnas poden dedicar todo o tempo que queiran ao desenvolvemento do seu traballo fóra da aula.

E SE TEMOS MÁIS DÚBIDAS SOBRE COMO FACER O TRABALLO OU CALQUERA OUTRA CUESTIÓN PEDAGÓXICA?

Non pasa nada. Podedes contactar con nós para que vos axudemos. Un equipo de profesionais resolverán as vosas dúbidas. Se é o caso, chamade ao 900 670 686 (teléfono gratuíto) ou enchede este formulario.

Tamén podedes consultarnos no número de WhatsApp 686 980 767.