Chaves do produto ecodeseñado
Descargar en PDFOs produtos ecodeseñados deben seguir unhas pautas que aseguren a súa sustentabilidade e menor impacto, e esas pautas van desde o deseño previo, a súa fabricación, o seu uso, a distribución e venda e, tras o seu ciclo de vida útil, que se asegure a súa correcta reciclaxe.
Alén diso, nós, como consumidores e consumidoras, debemos ter en conta eses factores tanto para coidar o ambiente como para asegurar a sustentabilidade dos recursos e procesos de consumo. Por exemplo, evitando a compra de produtos desbotables, dificilmente reciclables ou daniños para o ambiente.
Por tanto, un produto ecodeseñado deberá seguir estas cinco chaves ou factores no seu deseño, fabricación e distribución:
- Ser seguro, tanto para as persoas como para o planeta.
- Ser duradeiro e reparable, resistente e de calidade.
- Seguir unha produción responsable, tanto para as persoas que o fabrican, como para o planeta.
- Empregar fontes sustentables, tanto na elección das materias primas como no uso de enerxías renovables.
- Contar con funcións e características sustentables, que axuden a reducir o consumo e a ser máis sustentables.
As chaves do produto ecodeseñado
1. Seguro
- Seguro para as persoas: Garante que nin os materiais, nin as materias primas empregadas, afectan á seguridade das persoas, tanto para quen o fabrica como para quen o consome, eliminando, por exemplo, substancias químicas perigosas.
- Seguro para o ambiente: Garante que os residuos non teñen ningún risco para a saúde nin para a contaminación do ambiente.
2. Duradeiro e reparable
- Ciclo de vida e vida útil: Garante que os compoñentes ou as pezas do produto son resistentes e de calidade, asegurando o seu uso continuado e vida útil.
- Facilidade de reparación: Garante que o produto poida ser facilmente reparable, que conte con pezas de reposto para ser reparado polo usuario/a.
3. Produción responsable
- Reduce o impacto ambiental: Garante que as fases de produción e venda impacten o menos posible no ambiente, por exemplo a utilización de enerxía renovable para a fabricación do produto ou a distribución e venda do mesmo.
- Protexe os dereitos das persoas que participan na súa fabricación: Garante as condicións laborais de quen fabrica e distribúe o produto, así como unhas condicións de produción xustas que contribúen a desenvolver a economía local das zonas onde se fabrican estes produtos.
ODS 12. Produción e consumo responsable
UNESCO.
ODS 8. Traballo decente e crecemento económico
UNESCO.
4. De fontes sustentables
- Fabricados con recursos enerxéticos non contaminantes: Garante o uso das enerxías renovables e menos contaminantes nas fases de produción e distribución dos produtos.
- Fabricados con materias primas que proveñen de fontes sustentables: Garante que as materias primas son sustentables para garantir o seu abastecemento e mantemento.
- Etiquetado ecolóxico/ambiental: Os selos ambientais garanten a sustentabilidade dos recursos e materias primas empregadas (p. ex.: FSC/PEFC para os produtos forestais como a madeira ou o cartón, OEKO-TEX para o téxtil, etc.)
Vídeos sobre os ODS
Vídeos sobre os 5R e o desperdicio 0
5. Funcionalidade sustentable
- Produtos de tecnoloxía eficiente: Aqueles produtos que permiten ser máis sustentables, por exemplo adaptadores ou aparellos que axudan a reducir o consumo de auga ou de luz, ou os que permiten producir enerxía renovable no ámbito doméstico, así como aqueles que teñen un baixo consumo enerxético.