4. "Ecoinvestigadores"
Descargar en PDFO DOSIER DOS ECOINVESTIGADORES E ECOINVESTIGADORAS
Propoñémosche unha serie de dinámicas grupais para profundar sobre a evolución dos produtos, os modos de consumo e o perfil dos consumidores e consumidoras.
O alumnado deberá analizar, desde a súa contorna próxima, como evolucionaron os produtos, comparar produtos ecodeseñados, ou como cambiaron as formas de consumir.
Para iso poderán facer un pequeno estudo de campo ou entrevistar ás súas familias (pais/nais/avós/avoas, etc.) grazas a tres dinámicas de traballo que os guiarán na súa investigación.
- Dinámica 1. "Como eran os produtos antes de...?"
- Dinámica 2. "Está este produto ecodeseñado?"
- Dinámica 3. "Como comprabas antes…?"
COMO NOS CONVERTEMOS EN ECOINVESTIGADORES?
-
Pide aos teus alumnos e alumnas que se agrupen por equipos de 2 a 5, en función do número de alumnos/as que teñas na clase.
-
Unha vez estean os grupos configurados, pide que elixan o tipo de produto que van investigar:
- Electrodomésticos.
- Mobiliario.
- Tecnolóxico (televisores, teléfonos, vídeos, cámaras de fotos, etc.)
- Ferramentas e utensilios.
- Produtos de consumo (en botella, en caixas, en botes de vidro, etc.)
- Téxtil.
- Outros.
-
Pide a cada grupo que busque imaxes do produto, como era antes e como é agora, como se anunciaba, onde se compraba, etc.
-
Cando teñan optado por un tipo de produto, elixe o tipo de investigación que van realizar, a partir das tres dinámicas dispoñibles: se van investigar a evolución dun produto, se van comparalo coas chaves do ecodeseño, ou se prefiren entrevistar a persoas da súa contorna para contrastar como cambiou a forma de consumir e comprar.
-
Descarga a dinámica correspondente á súa elección, xa que contén as pautas que os axudará na súa análise.
-
Poñede en común as investigacións e sacade as vosas propias conclusións:
- Os produtos de antes eran máis ou menos sustentables?
- Antes, a xente aproveitaba máis os produtos que compraba?
- Antes, ¿había produtos sustentables?
- Cando se comezou a concienciar a xente da necesidade de reciclar?
Lembra que podes solicitar os nosos obradoiros con voluntarios para seguir profundando nos aspectos do consumo responsable.
Impartido polos nosos voluntarios/as, para os grupos inscritos ao programa escolar, da etapa de Primaria.