9ª edición del Programa de Acción Educativa Hazlo Verde de Leroy Merlin: Un aula sostenible está en tus manos. Concurso Escolar sobre medioambiente

Estás visualizando una edición antigua del Concurso Escolar Hazlo Verde. Si deseas participar en la última edición haz click aquí.

Material Didáctico Secundaria

2. Chaves do produto ecodeseñado

Descargar en PDF

Os produtos ecodeseñados deben seguir unhas pautas que aseguren a súa sustentabilidade e menor impacto, e esas pautas van desde o deseño previo, a súa fabricación, o seu uso, a distribución e venda e, tras o seu ciclo de vida útil, que se asegure a súa correcta reciclaxe.

Alén diso, nós, como consumidores e consumidoras, debemos ter en conta eses factores tanto para coidar o ambiente como para asegurar a sustentabilidade dos recursos e procesos de consumo. Por exemplo, evitando a compra de produtos desbotables, dificilmente reciclables ou daniño para o ambiente.

Por tanto, un produto ecodeseñado deberá seguir estas cinco chaves ou eixos de actuación:

  • Ser seguro, tanto para as persoas como para o planeta.
  • Ser duradeiro e reparable, resistente e de calidade.
  • Seguir unha produción responsable, tanto para as persoas que o fabrican, como para o planeta.
  • Empregar fontes sustentables, tanto na elección das materias primas como no uso de enerxías renovables.
  • Contar con funcións e características sustentables, que axuden a reducir o consumo e a ser máis sustentables.

As chaves do produto ecodeseñado

As chaves do produto ecodeseñado

1. Seguro

  • Seguro para as persoas: Na súa fabricación, garántese que nin os produtos nin as substancias que os compoñen afectan á seguridade das persoas, tanto para quen o fabrica como para quen o consome, eliminando, por exemplo, substancias químicas perigosas.
  • Seguro para o ambiente: Na súa fabricación, transporte e distribución, garántese que os residuos (p. ex.: a embalaxe) non teñen ningún risco para a saúde, que os materiais e procesos de fabricación teñan o mínimo impacto sobre a contorna, nin contaminen o ambiente.
A seguridade dos produtos

2. Duradeiro e reparable

  • Fabrícase para durar: No proceso de fabricación, garántese que os compoñentes do produto sexan resistentes e de calidade, co fin de eliminar a obsolescencia programada.
  • Deséñase para que sexa fácil de reparar e manter: No proceso de deseño, garántese que o produto poida ser facilmente reparable, e que conte con garantías e pezas de substitución que estendan a súa vida útil e ciclo de vida, con pezas que se poidan separar para ser reparadas, ou ampliadas polo usuario/a adaptándoas ás súas necesidades de consumo.
O ciclo de vida. Uso, desuso e reuso Que é a obsolescencia programada A obsolescencia programada e o consumismo (EL PAÍS) Documental "Comprar, tirar, comprar" (RTVE)

3. Produción responsable

  • Reduce o impacto ambiental: Nos procesos de produción, de loxística e de distribución dos produtos, garántese que impacten o menos posible no ambiente (por exemplo a utilización de enerxía renovable para a fabricación ou a distribución).
  • Protexe os dereitos das persoas que participan na súa fabricación e distribución: Nos procesos de produción, de loxística e de distribución dos produtos, garántense as condicións de traballo, o respecto aos dereitos humanos e laborais, garantindo unhas condicións de produción xustas que contribúen a desenvolver a economía local das zonas onde se fabrican os produtos.

ODS 12. Produción e consumo responsable
UNESCO.

ODS 8. Traballo decente e crecemento económico
UNESCO.

ODS 15. Vida de ecosistemas terrestres Vídeos sobre os ODS Etiquetado ecolóxico de produtos

4. De fontes sustentables

  • Fabricados con recursos enerxéticos non contaminantes: Garantindo o uso de enerxías renovables e menos contaminantes nas fases de produción e distribución.
  • Fabricados con materias primas que proveñen de fontes sustentables: Empregando materias primas de cultivo sustentable para garantir o abastecemento das mesmas.
  • Etiquetado ecolóxico/ambiental: Os selos ambientais garanten a sustentabilidade dos recursos e materias primas empregadas (p. ex.: FSC/PEFC para os produtos forestais como a madeira ou o cartón, OEKO-TEX para o téxtil, etc.).

Eco-label, a etiqueta amiga do ambiente
EuroNews

Análise do ciclo de vida · Ecoetiquetas.
EIO

Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible Vídeos sobre os 5R e o desperdicio 0

5. Funcionalidade sustentable

  • Produtos de tecnoloxía eficiente: Aqueles produtos que permiten ser máis sustentables, por exemplo adaptadores ou aparellos que axudan a reducir o consumo de auga ou de luz, ou os que permiten producir enerxía renovable no ámbito doméstico, así como aqueles que teñen un baixo consumo enerxético.
Novas etiquetas de eficiencia enerxética (OCU)