9ª edición del Programa de Acción Educativa Hazlo Verde de Leroy Merlin: Un aula sostenible está en tus manos. Concurso Escolar sobre medioambiente

Estás visualizando una edición antigua del Concurso Escolar Hazlo Verde. Si deseas participar en la última edición haz click aquí.

Material Didáctico Secundaria

4. "Ecoinvestigadores"

Descargar en PDF

O DOSIER DOS ECOINVESTIGADORES E ECOINVESTIGADORAS

Propoñémosche unha serie de dinámicas grupais para profundar sobre a evolución dos produtos, os modos de consumo e o perfil dos consumidores e consumidoras.

O alumnado deberá analizar, desde a súa contorna próxima, como evolucionaron os produtos, comparar produtos ecodeseñados, ou como cambiaron as formas de consumir.

Para isto poderán facer un pequeno estudo de campo ou entrevistar ás súas familias (pais/nais/avós/avoas, etc.) grazas a catro dinámicas de traballo que os guiarán na súa investigación.

COMO NOS CONVERTEMOS EN ECOINVESTIGADORES?

  1. Pide aos teus alumnos e alumnas que se agrupen por equipos de 2 a 5, en función do número de alumnos/as que teñas na clase.

  2. Unha vez estean os grupos configurados, pide que elixan o tipo de produto que van investigar:

    • Materiais de construción.
    • Electrodomésticos.
    • Mobles e almacenamento.
    • Domótica e tecnoloxía.
    • Iluminación (lámpadas, bombillas, interior/exterior, etc.)
    • Ferramentas de bricolaxe.
    • Téxtil (alfombras, cortinas, etc.)
  3. Pide a cada grupo que busque imaxes do produto, como era antes e como é agora, como se anunciaba, onde se compraba, etc.

  4. Cando teñan optado por un tipo de produto, elixe o tipo de investigación que van realizar, a partir das catro dinámicas dispoñibles: se van investigar a evolución dun produto, se van comparalo coas chaves do ecodeseño, ou se prefiren entrevistar a persoas da súa contorna para contrastar como cambiou a forma de consumir e comprar.

  5. Descarga a dinámica correspondente que elixan, contén as pautas que os axudarán na súa análise.

  6. Poñede en común as investigacións e sacade vosas propias conclusións:

    • Os produtos de antes eran máis ou menos sustentables?
    • Antes, a xente aproveitaba máis os produtos que compraba?
    • Antes, había produtos sustentables?
    • Cando se comezou a concienciar á xente da necesidade de reciclar?